Poema visual recitable a base de debuxos rimados e ritmados. A lúa e o sol, tan afastados e próximos, dispóñense coma versos e retrouso no espazo dunha páxina. A colección ?Do berce á lúa? está dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos de idade, para os que se deseñaron especialmente estes pictogramas poéticos ou poegramas, un termo acuñado para designar unha nova modalidade de poesía pictográfica baseada na procura dun ritmo de lectura que axude a ?educar o ollo e adozar o oído? do pequeno lector, como explica Antonio Rubio.